
A REVOLUCIÓN RUSA
Rusia era a máis débil das potencias. O réxime tsarista non aproveitou a lección da Revolución de 1905 para emprender reformas. O bloqueo producido pola guerra levou a población ao límite da súa resistencia e fixo inevitable un estalido social.
A REVOLUCIÓN DE FEBREIRO DE 1917
Ao iniciarse a guerra, o Imperio ruso mobilizou millóns de soldados, pero o abastecemento era pésimo. A baixa moral das tropas, sen equipamento e mal dirixidas, facía temer un colapso na fronte.
A dedicación da industria a fabricar armamento empeorou aínda máis o nivel de vida da poboación
O tsar, moi impopular, negouse a emprender reformas inaprazables, ata quedar sen apoios.
En febreiro de 1917(marzo en Occidente, xa que en Rusia rexía o calendario xuliano), unha manifestación de obreiros contra a carestía iniciou un levantamento na capital de Petrogrado.
A monarquía derrubouse sen apenas resistencia e deu paso a un dobre poder:
UN GOBERNO PROVISIONAL
CONSELLO
Sucesor da Duma, que asumiu o poder en espera da convocatoria dunha Asamblea constituínte. Prometeulles aos aliados que Rusia continuaría
Tamén se lle chamaba Soviet de obreiros e soldados, partidario da paz e dunha profunda transformación social. Axiña, o movemento de creación de soviets estendeuse por todo o país


A REVOLUCIÓN DE FEBREIRO DE 1917
Os soviets contaban co apoio das tropas, pero a división entre os partidos obreiros impediu que tomasen o poder.
A maioría dos socialistas pensaban qu Rusia era un país demasiado atrasado e que a revolución proletaria non triunfaría sen un período previo de entendemento coa burguesía, que estaba representada polo goberno provisional.
Para axudar ao partido bolxevique, que era a facción máis extrema do partido socialdemócrata ruso e favorable á paz, o goberno alemán permitiu o paso polo seu territorio de Lenin, o seu líder, exiliado en Suíza.
Ao chegar a Petrogrado na primaveira de 1917, Lenin resumiu o programa bolxevique nas chamadas Teses de Abril:
Entrega do poder supremo aos soviets
Saída inmediata da guerra, a calquera precio
Redistribución das terras e colectivización das industrias


A REVOLUCIÓN DE OUTUBRO
No verán de 1917 estableceuse un novo goberno provisional presidido polo socialista moderado Kerenskij, que tentou proseguir a guerra. Con todo, o aplazamento das eleccións constituíntes e o cansanzo derivado das hostilidades fixérono impopular.
En outubro (novembro do calendario occidental) os bolxeviques alcanzaron o poder en Petrogrado. Kerenskij fuxiu e os membros do goberno foron detidos. O Congreso dos soviets, que estaba dominado agora polos bolxeviques, asumiu o poder. Formouse un goberno de comisarios do pobo, o cal buscou o apoio popular co comezo inmediato das negociacións de paz e coa abolición da propiedade da terra.
Con todo, nas eleccións democráticas á asemblea constituínte que se celebraron en xaneiro de 1918 os bolxeviques (máis tarde o partido comunista) non obtiveron a maioría e Lenin ordenou disolvela apenas inaugurada. Empezaba así a ditadura bolxevique.


A GUERRA CIVIL
En marzo de 1918 firmouse a Paz de Brest- Litovsk, pola que Rusia abandonaba a guerra e aceptaba importantes perdidas territoriais. Debido á debilidade do réxime os pobos non rusos do antigo imperio independizáronse. Estalou unha guerra civil na que o goberno bolxevique se enfrontou a un heteroxéneo conglomerado de tropas contrarrevolucionarias, os brancos, aos que derrotaron en 1921. O triunfo bolxevique na guerra civil asentouse sobre dous piares:
EXÉRCITO VERMELLO
POLICÍA POLÍTICA
Creado por Trotsky, disciplinado e ben equipado. Restableceu o control sobre a maior parte do país.
Tamén chamada Checa, dirixiu no interior ao instaurar un réxime do terror. Máis adiante pasou a denominarse Comité de Seguridade de Estado(coñecido como a KGB).

