top of page

AS ORIXES DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

CAUSAS DA REVOLUCIÓN AGRARIA BRITÁNICA

INTRODUCIÓN DE NOVOS CULTIVOS

AUMENTO DE CULTIVOS FORRAXEIROS

SELECCIÓN DE RAZAS

MELLORA DOS ÚTILES

REFORMAS LEGAIS

MECANIZACIÓN DAS TAREFAS AGRARIAS

NOVOS SISTEMAS DE DRENAXE

MODERNIZACIÓN DAS EXPLOTACIÓNS

MAIOR BENEFICIO

ENCLOSURE ACTS- TERREOS COMUNAIS

coal-mine-with-steam-winding-engine-lg.j
agrarnaya-revolyuciya-eto-agrarnie-revol
300px-SisanteSiega.jpg
A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL EN GRAN BRETAÑA

En Gran Bretaña producíronse unha serie de cambios que contribuíron á orixe da Revolución Industrial:

  1. A existencia de abundantes xacementos de carbón e de mineral de ferro: O carbón era a fonte de enerxía máis utilizada, mentres que o ferro se constituiu na base para ao denevolvemento do ferrocarril e para a construción da maquinaria.

  2. A expansión do comercio: Gran Bretaña dominaba as rutas transoceánicas  e podía transportar mercadorías por todo o mundo.

  3. A dispoñibilidade de suficientes capitais: capitais que se obtiñan cos beneficios agrarios e comerciais.

  4. Os cambios nas teorías económicas: que posibilitaron a consecución de grandes beneficios empresariais.

  • A Revolución Industrial veu acompañada dun novo sistema económico coñecido como capitalismo.

coalbrookdale-de-nochee2809d-1801-c3b3le
A MÁQUINA DE VAPOR

A máquina de vapor foi un invento clave durante a Primeira Revolución Industrial.

Aínda que se utilizaba desde había tempo para extraer auga das galerías das minas, o seu mecanismo era imperfecto ata que, no ano 1769, James Watt patentou unha máquina que cun menor consumo de combustible, producía unha corrente continua de vapor capaz de facer xirar unha roda a un ritmo constante.

A enerxía do vapor supuxo un cambio revolucionario. Aplicouse a diversas  industrias, como a téxtil, a siderurxia e o ferrocarril.

Modelo-de-maquina-de-vapor-1890-1910.jpg
bottom of page