
política e diplomacia dos anos 20
O AVANCE DA DEMOCRACIA
A maior parte des Estados que naceron da disolución dos imperios con posterioridade á Primeira Guerra Mundial foron repúblicas democráticas.
Nalgúns países o número de votantes duplicouse grazas ao voto feminino. Ademais, apareceron novas ideoloxías políticas que poñían en cuestión o sistema democrático: comunismo e fascismo.
A fragmentación das forzas políticas dificultaba o goberno destas fráxiles democracias, que se enfrontaban tanto á axitación comunista coma aos golpes militares da dereita. Ao final da década, en moitos paíes do leste e mais do sur de Europa impuxéronse réximes autoritarios.

A REPÚBLICA DE WEIMAR
A máis representativa das democracias trala Gran Guerra foi Alemañana durante a República de Weimar.
Os levantamentos comunistas iniciais foron reprimidos con dureza, pero a maior ameaza proviña do nostáxicos do Imperio apoiados polo exército. Esta extrema dereita propagou a lenda da “puñalada nas costas” aducindo que esta derrota non se debía aos erros militares alemáns, senón á traizón de socialistas e xudeus. En 1923, un axitador austríaco, Adolf Hitler , fracasou ao tentar dar un golpe de estado. En prisión escribiu “ Mein Kampf” (A miña loita) un libro cheo de odio cara ao tratado de Versalles, a democracia, o comunismo e os xudeus.
Unha vez superada a hiperinflación, a situación mellorou grazas ao plan Dawes, que suavizou o pagamento de reparacións. De 1924 a 1929, Alemaña viviu os mellores anos, con crecemento económico e estabilidade política. Pero a crise do 29 disparou o paro e o electorado polarizouse nos extremos, o que beneficiou a comunistas e nacionalsocialistas.
OS EEUU NOS ANOS VINTE
Tras a guerra, nos Estados Unidos triunfou o illacionismo. Afastado de asuntos europeos, o país reafirmou a súa hexemonía sobre o que consideraba a súa esfera de influencia: América Latina e o Pacífico, pero aquí chocando coas ambicións de Xapón, cuxa frota facía sombra á estadounidense. No interior do país predominaba un forte conservadurismo, que se viu reflectido na represión do movemento obreiro, a limitación de inmigración e na promulgación da lei seca que favorecía os negocios da mafia.
Estes foron os anos do auxe do Ku Klux Klan, unha organización violentamente racista, xenófoba e anticatólica, que representou o reverso máis tenebroso dos felices anos 20.

DE VERSALLES A LOCARNO:
Os primeiros anos de posguerra estiveron marcados polo descontento dos vencidos e polo interese dos vencedores por manter a vixencia do tratado de Versalles. A intransixencia dos vencedores na cuestión de pagamento de compensacións, superiores ás posibilidades reais dos derrotados, levaría á ocupación franco-belga do Ruhr en 1923. Os esforzos por impedir unha nova guerra cristalizaron nos acordos de Locarno de 1925. A súa base era o entendemento franco-alemán: ambos recoñecían as fronteiras e establecían unha zona desmilitarizada en Renania. O espírito de Locarno, é dicir, o clima de reconciliación e acordo, supuxo o momento de máxima distensión entre ambas as guerras mundiais, e significou o apoxeo da Sociedade de Nacións. Pode tamén considerarse o precedente do espírito europeísta que se impoñería despois da Segunda Guerra Mundial.

ESPAÑA BAIXO A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA
De 1923 a 1930, o xeneral Miguel Primo de Rivera estableceu en España unha ditadura militar.Aínda que o ditador suspendeu a constitución e disolveu as cortes o sistema de restauración estaba tan desprestixiado que o novo réxime, que se presentaba como unha paréntese, sen vontade de continuidade, non atopou ao principio forte oposición, excepto entre algúns intelectuais republicanos e entre os anarquistas, aos que perseguiu con saña.
A ditadura de Primo de Rivera pasou por diversas fases:
Primeiros anos
Perpetuación en el poder
Crisis de 1929
A ditadura contou cunha certa popularidade, mesmo entre unha parte do movemento obreiro. Foi cando obtivo o seu maior logro: a pacificación do protectorado de Marrocos, grazas á colaboración de Francia e ao desembarco de Lavandas, no ano 1925.

O ditador aproveitou a conxunta económica favorable para manter o seu poder, o cal espertou unha crecente hostilidade na gran maioría de forzas políticas e sociais.

O espellismo da prosperidade económica quebrouse coa chegada desta crise. A comezos do ano 1930 o ditador presentou a súa dimisión ao rei e exiliouse.

Alfonso XIII tentou volver á normalidade constitucional. Pero o desprestixio da ditadura arrastrou consigo a monarquía. No pacto de San Sebastián, republicanos e socialistas puxéronse de acordo para derrubala. Con todo, o seu fillo José Antonio fundaría en 1933 o partido fascista español, a Falanxe, que desempeñaría un papel destacado no estalido da guerra civil e á ditadura franquista.

