top of page

BIOGRAFÍA

SOBRE MIN

Chámome Lara Moure Álvarez, teño 15 anos e actualmente estou cursando 4º da ESO no colexio PP Escolapios Monforte.

Gústame facer moitísimas cousas coma por exemplo tocar o piano, cantar, escoitar música, quedar cos meus amigos, ler... Cada vez que dedico un anaco do meu tempo a isto, síntome moito máis feliz do que estaba antes.

Teño tres mellores amigas das que son inseparable, os seus nomes son Paula, Nuria e Lisbeth e levo con elas dende que teño uso da razón. Son persoas que me levan apoiando toda a miña vida e coas que pasei os mellores momentos.

Ademais delas, tamén teño outros amigos cos que sei que  podo contar sempre e son persoas que sacan a mellor versión de min.

Considérome unha persoa bastante constante e traballadora aínda que teño que admitir que de vez en cando tamén me sae a vea da folganza.

Gustaríame que, como xa dixen na introdución, este blog servise de axuda a todas esas persoas que se atopan estudando historia, e non só iso, tamén penso que este novo proxecto que iniciei pódeme servir de recordo dentro duns anos cando desexe recordar a miña etapa en secundaria, en concreto, o meu último curso neste colexio ao que considero un segundo fogar.

Por último, gustaríame dar a razón de por que escollín o nome. Elexino xa que penso que a historia, máis que unha asignatura, é algo que debemos saborear. Só así seremos capaces de comprendela e adentrarnos no pasado.

COMEZA O NOSO VIAXE POLA HISTORIA!!

IMG-20181007-WA0020.jpg
IMG_20181011_215258.jpg
bottom of page