
OS TOTALITARISMOS
Os gobernos totalitarios
Durante a década de 1930, as ideoloxías comunista e fascista radicalizáronse aínda máis.
Para englobar as formas máis extremas destas ideoloxías, stalinismo e nacionalsocialismo, emprégase o termo totalitarismo.
O totalitarismo supón a negación do estado de dereito. O imperio da lei queda substituído polo terror, que se exerce de maneira sistemática, non só contra os inimigos do réxime, senón tamén contra inocentes que o líder decidiu eliminar.
O fin último do totalitarismo é un poder ilimitado e total sobre a poboación.

O stalinismo
Entre os trazos totalitarios más representantes de Stalin atopamos:
Culto á personalidade
do líder
A Stalin rendíaselle unha adoración case relixiosa
Policía
política
Estendeu a súa rede de terror, espionaxe e delación.
Represión
Levouse a cabo mediante un sistema de campos de traballos forzados denominados gulags. Moitas persoas foron deportadas ou asasinadas nestes lugares
A Gran Purga
Stalin desfíxose da vella garda do partido tras unha serie de xuízos con acusacións inverosímiles e confesións forzadas
Manipulación da historia
Retocáronse fotografías para facer desaparecer os personaxes purgados
Plans quinquenais
Estes plans tiñan como obxectivo a industrialización acelerada, sen importar as consecuencias.
O nacionalsocialismo alemán
O rápido ascenso do nazismo explícase polas seguintes causas:
-
O rexeitamento do Tratado de Versalles, en especial, das perdas territoriais e as reparacións da guerra impostas a Alemaña.
-
A teoría da puñalada nas costas, que inventou a extrema dereita e que acusaba os socialistas e os xudeus da derrota da I Guerra Mundial.
-
O impacto da Gran Depresión, que afectou sobre todo a Alemañna e causou o empobrecemento das clases medias e unha profunda crise moral da sociedade.
As etapas de accesos foron:
ANOS VINTE
ANOS TRINTA
Non hai unha presenza importante do Partido Nazi. Tratábase dun pequeno grupo de ultradereita. En 1923, o intento de golpe de estado de Hitler( o Putsch de Múnic) fracasou.
O impacto da Gran Depresión beneficiou aos partidos extremistas. Nas eleccións de 1930, os nazis multiplicaron a súa representación parlamentaria.
Nas eleccións de 1932 alcanzou o seu teito electoral, aínda que sen chegar a conseguir a maioría absoluta. Pero o presidente nomeou chanceler a Hitler en 1933


Así Hitler inaugurou o Terceiro Reich cuxo factor distintivo foi o seu extremo racismo. As leis raciais, coñecidas como Leis de Nuremberg, definían os dereitos do individuo en función do grao de pureza racial. Os xudeus perderon a condición de cidadáns no seu propio país. A raza aria, representada polos alemáns non xudeus, sentíanse co dereito de someter a todos os demais.
En 1938, na Noite dos Cristais Rotos, a violencia verbal transfromouse en física e os nazis organizaron un ataque aos xudeus.
