
os felices anos vinte
A SOCIEDADE DE CONSUMO E A ELECTRICIDADE
Nos anos vinte moitos dos avances da Segunda Revolución Industrial estendéronse ao resto da sociedade.
Unha das razóns foi a racionalizacióm da produción, que abaratou os custos. O traballo organizouse para ser máis eficiente, grazas aos métodos do taylorismo. Ademais, a produción estandarizouse e masificouse.
A subida do nivel de vida traduciuse en novos hábitos de consumo enre as clases populares. Grazas ao crédito e á venda a prazos, os luxos de antes quedaban agora ao alcance de moitos. As empresas utilizaron a publicidade, aplicandi en parte os mñetodos de propaganda ensaiados durante a guerra. A moda era outro método de fomentar o consumo.
Nas grandes cidades tamén foron substituídos os farois de gas pola iluminación eléctrica.
AVANCES DA ÉPOCA

Reduciron o número de mulleres traballadoras dedicadas ao servizo doméstico

Máis asequibles e rápidos

Permitiron que se abrisen novas liñas aéreas

Os felices anos vinte foron a idade de ouro da radio. Foi así, o primeiro medio moderno de comunicación

Era un factor de cambio social. Por primeira vez, os espectadores de calquera lugar contemplaban formas de vida moi diferentes das súas.

Converteuse no primeiro fenómeno artístico norteamericano exportado