
a organización de paz
AS CONFERENCIAS DE PAZ
En 1945 tiveron lugar as dúas conferencias máis importantes:
-
En Ialta reuníronse Churchill, Roosevelt e Stalin. Stalin comprometeuse a permitir elccións libres no territorios da Europa Oriental ocupados polas súas tropas. Acordouse a división de Alemaña en catro zonas de ocupación e a creación dunha sociedade de nacións.
-
En Postdam, nas aforas de Berlín, o ambiente revelou que a colaboración entre os alidos se rompera. A guerra terminara e Occidente e a URSS seguirían camiños separados.


A NOVA REPARTICIÓN DE PODER
Trala Guerra o poder quedou dividido entre os EEUU e a URSS. O terceiro invitado á mesa era Reino Unido aínda que estaba máis que claro que os tempo da hexemonía británica xa pasaran á historia.
A CREACIÓN DA ONU
O fracaso da Sociedade de Nacións facía inevitable a súa substitución. Con ese fin creouse, na Conferencia de San Francisco(en 1945) a ONU, Organización das Nacións Unidas.
Os principais obxectivos da ONU son o mantemento da paz e da seguridade no mundo, o fomento de cooperación internacional en materia económica, social, cultural e humanitaria e a protección dos dereitos humanos e a igualdade entre as persoas, para evitar a discriminación por raza, sexo ou relixión.
