top of page

O DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA E DO TRANSPORTE

AVANCES TECNOLÓXICOS

LÁMPADA
LANZADEIRA VOANTE
CONSTRUCIÓN EN FERRO
CONVERTEDOR BESSEMER
MOTOR DE GASOLINA
TELÉFONO
CINEMATÓGRAFO
altos fornos

A INDUSTRIA SIDERÚRXICA

O sector siderúrxico estaba intimamente ligado á produción de carbón. A utilización de carbón permitía alcanzar altas temperaturas nos altos fornos nos que se fundía o metal.

Para aforrar gastos, estes adoitábanse situar en cuncas de hulleiras ou preto de xacementos de ferro.

Ademais, a expansión da máquina de vapor e a construción de ferrocarrís proporcionáronlle á industria siderúrxica unha demanda crecente de ferro e aceiro.

foto6826_800.jpg

A INDUSTRIA TÉXTIL

Nesta industria, unha serie de inventos conseguiran mecanizar as tarefas de tecer e de fiar. A aplicación destes enxeños da enerxía hidráulica, primeiro, e da máquina de vapor, despois, multiplicou a produción a un ritmo vertixinoso.

Naceron desta maneira as primeiras factorías, nas cales un elevado número de obreiros manexaban máquinas que producían enormes cantidades de pano a un prezo tan baixo que ningún produto tradicional podía competir con el. Localidades coma Manchester multiplicaron a súa poboación por vinte en menos dun século.

3a5db92321112b16cfe4665739454f27.jpg

A REVOLUCIÓN DOS TRANSPORTES E

DAS COMUNICACIÓNS

A Revolución Industrial supuxo o auxe do comercio e do transporte, xa que as inndustrias demandaban materias primas e os produtos manufacturados tiñan que chegar ata os consumidores.

A transformacións empezaron a partir da construción de canais e da mellora das estradas; non obstante, o cambio máis radical comportouno o ferrocarril, é dicir, a aplicación da máquina de vapor ao transporte.

A máquina de vapor tamén se aplicou á navegación, sobre todo á fluvial, co que se venceu a dificultade que ata entón supuxera o transporte a contracorrente.

A revolución precipitou outros cambios nas comunicacións: o desenvolvemento do sistema postal, ao que por primeira vez podía acceder o gran público, e Samuel Morse inventou o telégrafo eléctrico.

depositphotos_59221331-stock-photo-vinta
ferrocarril-de-antioquia-10b2a579-3487-4
bottom of page