top of page

o impacto económico e social da Gran guerra

AS TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS:

A Gran Guerra foi a primeira guerra total que cambiou o papel do Estado na economía.

A Guerra supuxo a bancarrota de todos os belixerantes. Os vencedores contraeran unha enorme débeda, que esperaban pagar coas reparacións que lles esixiran aos vencidos. Pero os países derrotados non podían facer fronte aos pagamentos.

A consecuencia foi a hiperinflación que destruíu o tecido socioeconómico de Alemaña e dos seus antigos aliados.

Se antes da guerra Europa importaba máis do que exportaba, na posguerra foi preciso aumentar as exportacións e diminuír o consumo. Pero exportar era máis difícil: ademais dos Estados Unidos, que eran a primeira potencia económica, outrospaíses, como Arxentina, Australia ou o Xapón, aproveitaran a contentda para facerse un oco no mercado mundial.

índiceddddd.jpg
6a00d83451c36069e2010534c831e7970c-640wi

A CRISE DEMOGRÁFICA: A PANDEMIA DE GRIPE

As baixas da guerra estimáranse en dez millóns, pero durante 1918 e 1919 unha pandemia de gripe causou entre cincuenta e cen millóns de vítimas máis en todo o mundo. Aínda que as cifras son aproximadas porque non existen estatísticasfiables fóra de Europa e América do Norte, trátase sen dúbida dun dos maiores desastres demog´raficos da historia da humanidade.

Crese que a orixe foi a mutación do virus da gripe aviaria en Asia. Os primeiros casos detectáronse nun cuartel dos EEUU onde había tropas que logo foron destinadas a Francia: o axente infeccioso viaxou con elas e así estendeuse por Europa. Os anos de penalidades debilitaran á poboación, e esta epidemia xerou unha altísima taxa de mortalidade.

O armisticio coincidiu co apoxeo da epidemia. A desmobilización das tropas coloniais diseminou a morte polo mundo: foi unha auténtica pandemia que se prapagou por todo o planeta.

Desde Francia a gripe pasou a España onde por tratarse dun país neutral e con relativa liberdade de prensa, empezou a chamárselle polo seu nome, por iso se bautizou erroneamente como "a gripe española", e con ese nome equivocado se coñece aínda.

image_content_338777_20180119130446.jpg

O NOVO PAPEL DA MULLER

Durante a Gran Guerra, a mobilización dos varóns na fronte obrigou a utilizar reservas de man de obra feminina na retagarda. Desta maneira, por necesidade, obtiveron as mulleres o que, por dereito, reclamaran en van: os postos reservados para os homes.

Ademais, despois da Guerra, as mulleres obtiveron o sufraxio en moitos países de Europa e América.

Tamén se estaba producindo unha revolución na educación. Cada vez eran máis mulleres que accedían a estudos medios ou superiores e optaban a mellores traballos. Era a época das pioneiras, en que mulleres de extraordinario talento conseguían facerse un lugar no mundo da ciencia, a cultura e o arte.

Os avances técnicos e económicos abrían nivas perspectivas laborais. Así, apareceron oficios predominantemente femininos, como as operadoras de teléfono ou as mecanógrafas. Estas ocupacións, aínda que peor pagadas que as masculinas, permitían que mulleres da clase media puidesen emanciparse economicamente.

Todos estes cambios reflectíronse no aspecto que ofrecían as mulleres. O vestiario feminino simplificouse e fíxose máis cómodo e práctico. A moda era levar o pelo curto. As mozas empezaron a practicar deporte ao aire libre, o que puxo en voga a pel bronceada alí onde antes se esixirá ás señoritas unha cute pálida.

tumblr_mi20j5dYAv1rw3i91o1_400.jpg
12932_1.jpg
bottom of page