top of page

A GUERRA EN ASIA E NO PACÍFICO

IINVASIÓN XAPONESA DA CHINA

Aproveitando a debilidade militar de China, os exércitos de Xapón realizaron unha ofensiva rápida. Ao día seguinte do atentado, invadiron a cidade de Shenyang, á que lle seguiron outras moitas capitais, dando lugar á ocupación militar de Manchuria. En febreiro de 1932 cesou a guerra. Así naceu o estado de Mancukuo, un estado satélite de Xapón que se unía ao resto de países que formaran en China e toda Asia desde finais do s. XIX.

Así mesmo, cando os xaponeses entraron en China cometeron auténticas atrocidades. Como exemplo, a chamada Masacre de Nanquín. Trátase dos actos que cometeron os xaponeses tras entrar na cidade en 1937 que, sen dúbida, anticiparon as atrocidades dos nazis en Polonia ou na URSS.

Japanese_troops_entering_Tsitsihar.jpg

O BOMBARDEO DE PEARL HARBOR

Neste vídeo cóntanse os feitos acontecidos durante o bombardeo de Pearl Harbor.

Este foi o consecuente de que EEUU entrase de maneira directa na Segunda Guerra Mundial.

A BOMBA ATÓMICA E O FINAL DA GUERRA

Durante os dous anos seguintes a guerra adquiriu sobre todo unha dimensión naval , con numerosos enfrontamentos que acercaban as tropas estadounidenses ao arquipélago xaponés.

Porén, o ritmo das operacións era moi lento. Nas conferencias coa¡s aliados e a URSS, os EEUU comprometéronse a dar prioridade ao escenario europeo da guerra, de xeito que aprazaron o asalto final sobre o Xapón ata que se producise a vitoria sobre Hitler.

O curso dos acontecementos deu un xiro total por mor da bomba atómica O final da guerra Europa anticipouse aos últimos ensaios para comprobar a potencia do seu armamento. O novo presidente norteamericano, decidiu usala contra Xapón par eviar unha invasión que se prevía difícil e custosa.

Pero había outro motivo: na conferencia de agosto de 1945 xa se puxeran en evidencia as diferenzas entre os aliados e a URSS. O uso da nova arma debía servir tamén como aviso a Stalin.

Ese mesmo mes, os EEUU lanzaron dúas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki. O Xapón capitulou e a Segunda Guerra Mundial deuse por finalizada.

índicefff.jpg
bottom of page