top of page

A EXPANSIÓN DO EIXE

A DOBRE INVASIÓN DE POLONIA

O 1 de septembro de 1939, Alemaña invadiu Polonia. Francia e Reino Unido declaráronlle a guerra ao Terceiro Reich. O exército alemán esmagou ao Polaco.

Pero o pacto entre Hitler e Stalin incluía un protocolo secreto que supoñía a repartición de Polonia entre ambos os dous así como a ocupación dos países bálticos por parte dos soviéticos.

_germansatpolishborder19390901_0de128c8.

A GUERRA RELAMPO

Trala invasión de Polonia a guerra entrou nun período de estancamento xa que tanto Francia como Reino Unido non atacaron senón que se mantiveron á defensiva. Esta  etapa pasouse a chamar "Guerra de Broma".

Por outro lado, Hitler iniciou na primaveira de 1940 a guerra relampo que consistiu nunha serie de ataques rápidos aproveitando o factor sorpresa, a mobilidade das súas unidades e o apoio da aviación. Empezou invadindo países neutrais, como Dinamarca, Noruega, os Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo.

l

606be84c-0744-4ff3-b50a-db8311b9fb06.gif

1. Invasión de Polonia

2. Invasión Dinamarca e Noruega

3. Ataque aos Países Baixos, Bélxica e Francia que pediu un armisticio en xuño.

4. Italia ataca Grecia pero foi rexeitada en 1940, en 1941, Alemañna acudiu na súa axuda e ocupou Iugoslavia e Grecia.

5. Alemaña inicia a invasión á URSS en 1941

A BATALLA DE INGLATERRA

Trala derrota de Francia, Alemaña concentrouse na batalla aérea de Inglaterra.

En Reino Unido formárase un Goberno de concentración, que estaba presidido por Winston Churchill. A primeira tarefa do gabinete foi repatriar o corpo o corpo expedicionario británico, ao que o avance alemán por Francia deixara illado nas praias de Dunkerque.

Churchill tiña unha vontade de resistencia. De feito, nun primeiro momento, a forza alemá bombardeou as instalacións militares para preparar un desembarco pero, vendo que non lograban diminuír o poder da aviación británica, Hitler cambiou de táctica e ordenou a guerra total.

Asi, a cidade de Coventry foi literalmente arrasada e Londres era bombardeada de día e de noite. Pero, pese a todo, os británicos conseguiron facer fronte aos alemáns e ,sobre todo, a moral dos británicos saiu reforzada da proba.

índice.jpg
bottom of page