
ESPAÑA ENTRE OS DOUS SÉCULOS
Nesta época había dous partidos, o conservador e o liberal, estos, aquendábanse no goberno mediante a fraude electoral. Por tanto, o poder político continuaba en mans dunha oligarquía.
Ademais, fou un período con moitas correntes políticas: republicanos, socialistas e nacionalistas cascos e cataláns. Estos últimos sentíanse excluídos. De feito, a inxustiza social propiciou o auxe do anarquismo no campo anadaluz e entre os obreiros cataláns.

O desastre do 98:
Este desastre trouxo consigo unha sensación de fracaso e a percepción de que o sistema estaba caduco. O século XX comezaba con ansias de Rexeneración.

Pronunciamento e restauración do poder dos Borbóns- Afonso XII
En 1886 naceu Afonso XIII , fillo póstumo de Afonso XII, que morrera pouco antes. Porén , gobernou a nai María Cristina de Hagsburgo, exercendo así a rexencia.
En 1900, España sufriu unhas profundas transformacións sociais. As cidades crecían polo éxodo rural debido a que a poboación fuxía da miseria e o proletariado urbano reclamaba unhas condicións laborais dignas, pero chocaba coa resistencia das clases acomodadas, que controlaban os resortes de poder.
En 1909 estalou un brote revolucionario: A semana Tráxica.
Esta produciuse xa que os reservistas cataláns foron movilizados para reforzar as tropas en Marrocos. Foi ahí cando Barcelona se encheu de barricadas en protesta polas quintas xa que, os fillos das familias acomodadas evitaban o servizo militar a cambio dunha cantidade de diñeiro, mentres que os traballadores tiñan que loitar. A revolta sería sufocada de forma sanguenta.

Crise de 1917:
MILITAR
Os militares que estaban en Marrocos ascendían máis que os que estaban na Península.
POLÍTICA
O goberno non quería reunir ás cortes e a oposición tivo que convocar unha asamblea de Parlamentarios en Barcelona.
SOCIAL
Folfa dos sindicatos anarquistas e socialistas
(CNT, UGT).

A guerra de Marrocos:
O Rif era unha rexión montañosa do norte de Marrcos. Ofrecéuselle un protectorado a España aí, porén, a poboación do Rif non estaba de acordo. Esta guerra foi un desencadeante dunha operación imprudente do rei, dando lugar á "Desfeita de Annual". Unha emboscada que lle costou a vida a miles de quintos das clases populares.
Este escándalo salpicou á Coroa facendo que, en 1923, Miguel Primo de Rivera dera un golpe de Estado e instaurase unha ditadura militar(co consentimento do monarca).
