top of page

A DERROTA DO EIXE EN EUROPA

BREVE RESUMO DA DERROTA DO EIXE:

O contraataque ruso iniciado tras Stalingrado tivo que facer fronte en xullo de 1943 á último ofensiva alemá. A batalla de Kursk fixo que a iniciativa estratéxica pasase definitivamente a mans das tropas soviéticas.

O ano 1944 estivo cheo de continuos éxitos do Exército Vermello que chegou ás antigas fronteiras da URSS na primavera dese ano. Ao longo do outono-inverno de 1944, os antigos aliados do Eixo: Finlandia, Romanía, Bulgaria, Hungría son ocupados polas tropas soviéticas.

O día 6 de xuño tropas estadounideneses, británicas e canadenses desembarcaron nas praias de Normandía e superaron a férrea resistencia alemá. Rapidamente as tropas aliadas dirixíronse a París. Dez días antes, as tropas angloamericanas e francesas desembarcaron en Marsella. Os alemáns trataron de frear o empuxe aliado nas Ardenas, en Bélxica, pero finalmente tiveron que retroceder. Atacada polo occidente, o sur e o leste, o réxime de Hitler aprestábase a librar a súa última batalla.

En febrero de 1945, Roosevelt, Stalin y Churchill reuníronse en Ialta, onde, entre outras cuestións, decidiron os pormenores do ataque final sobre Alemaña e a súa posterior repartición en zonas de ocupación. O ataque anglonorteamericano polo oeste e soviético polo leste derrubou con facilidade a fanatizada resistencia alemá. O 25 de abril tropas soviéticas e norteamericanas atopábanse en Torgau, no río Elba. O 30 de abril, coas tropas soviéticas nos barrios de Berlín, Hitler  suicidouse xunto á súa amante Eva Braun. O 2 de maio Berlín capitula.

E, finalmente, o 7 de maio os alemáns asinan a capitulación incondicional no cuartel xeral de Eisenhower. En xullo, os Aliados celebraban a súa última gran conferencia en Potsdam, nos arredores de Berlín.

arton79216.jpg
bottom of page