top of page

A GRAN DEPRESIÓN DOS ANOS 30

A crise de 1929

O crac da bolsa de Nova York do 24 de outubro de 1929 supuxo o arranque dunha das maiores crises económicas da historia.

A pesar do pánico, o goberno non interviu e a súa pasividade agravou a crise ata facela irremediable, pois seguiu confiando nas ideas dos economistas liberais. É dicir, esperaba que o propio mercado restablecese o equilibrio. A bancarrota dos bancos estadounidenses arrastrou ao sistema financeiro internacional, pois eran os acredores de Europa. Austria e Alemaña, dependentes deses préstamos, foron os primeiros países europeos afectados, aínda que pronto se uniu o resto. Adoptáronse medidas proteccionistas o que provocou unha drástica redución do comercio internacional.

Á depresión manifestouse a través de dous fenómenos :

DEFLACIÓN

PARO

A baixada de prezos e salarios constitúe un síntoma escasísimaactividad económica. A consecuencia deste proceso, a produción industrial caeu en todo o mundo. En 1932, os Estados Unidos e Alemaña producían pouco máis da metade do que fabricaban tres anos antes.

O desemprego alcanzou cifras drmáticas: 40 millóns de parados en todo o mundo.

909af7dc548d2494c75b432ad1f60505.jpg
06ec4b_1b2d86646de5489085adf8e4926161ec~

As ideas de Keynes

John Maynard Keynes foi o primeiro que lle encontrou solucións á crise económica, aínda que estas non se poñerían en práctica sistematicamente ata despois do ano 1945.

No seu libro As consecuencias económicas da paz advertía de que todas as economías estaban interrelacionadas, e que o empobrecemento dos vencidos tamén afectaría aos vencedores.

Keynes argumentaba que o Estado debía intervir para corrixi desequilibrios e estimular a actividade económica: por exemplo, investido en obras públicas.

Ademais, tamén propoñía axudar con subsidios aos parados. Lonxe de perxudicar ao mercado, esta inxección de diñeiro estimularíao, xa que os traballadores eran ao tempo consumidores que adquirían bens e servizos. Unha inflación moderada era preferible á deflación e ao estancamento.

PastedGraphic-1.png

Consecuencias sociopolíticas da crise

A miseria xeneralizada producida pola crise xerou tensións sociais e polarización política.

O fracaso do sistema económico consederouse tamén como un fracaso da democracia, que se asociaba ao capitalismo. Se o comunismo atraía obreiros de todo o mundo, era en parte porque, no medio do desatre xeral, o único país que semellaba inmune á depresión, e que experimentaba un asombroso crecemento era a Unión Soviética.

Nos países cunha longa tradición democrática, a crise levou de maneira pacífica ao poder a gobernos de esquerdas. Pero outras dmocracias, recentes e mal comentadas, non puideron sobrevivir á polarización política, e na maioría delas instauráronse ditaduras de extrema dereita.

A finais dos anos trinta, a democracia liberal vivía as súas horas maís baixas. en 1940, tras o estalido da guerra, apenas subsistían 5 democracias: Finlandia, Irlanda, Reino Unido, Suecia e Suíza.

450px-1940s_decade_montage.png
bottom of page