top of page

O CONGRESO DE VIENA
O sistema de Restauración
Este réxime baseouse nos seguintes principios:
-
Devolver o trono aos monarcas que o perderan.
-
Restablecer o absolutismo.
-
Crear a Santa Alianza para protexer os monarcas fronte á revolución.
-
Establecer unha forte alianza entre a Coroa e a Igrexa Católica.

O novo mapa de Europa:
As súas grandes liñas foron:
-
Francia volveu ás fronteiras que tiña en 1789.
-
As potencias continentais gañaron territorio, pero sen que ningunha delas destacase demasiado sobre as demais. Este era o princpial obxectivo de Gran Bretaña, que pretendía que en Europa houbese un equilibrio continental que non supuxese unha ameaza para o seu dominio dos mares.

bottom of page