
comunismo e fascismo
RUSIA: FUNDACIÓN DA URSS
En 1922, o Soviet Supremo aprobou a fundación da Unión de República Socialistas Soviéticas (URSS). Un ano antes, ante a rebelión dos labregos contra as requisas das súas colleitas e as protestas da poboación ante o descenso do nivel de vida, o Goberno, dirixido por Lenin, abandonara o comunismo de guerra.
No seu lugar púxose en práctica a NEP (Nova Política Económica), que admitía un mercado reducido e toleraba negocios privados a pequena escala. As condicións de vida da poboación melloraron considerablemente grazas ao aumento dos excedentes agrícolas.
En 1919 fundárase a Terceira Internacional, ou Komitern, para estender a revolución a todo o mundo. Os partidos que se adheriron tomaron o nome de comunistas.

O SOCIALISMO NUN SÓ PAÍS
Á morte de Lenin, en 1924, iniciouse unha loita pola súa sucesión entre Josif Stalin, que controlaba a maquinaria do partido, e Lev Trotsky, quen contaba coa baza de que fundara o Exército Vermello, vencedor na guerra civil. A diferencia entre ambos os líderes referíase sobre todo á táctica:
O FASCISMO
A diferenza das correntes conservadoras tradicionais, que rexeitaban o nacionalismo e o liberalismo, o fascismo era antiliberal, pero defendía un nacionalismo exacerbado e xenófobo. Ademais, utilizaba métodos modernos de propaganda, interesábase pola tecnoloxía e desprezaba valores tradicionais como a relixión. Os seus principais trazos son:

Supremacía do partido e do líder
O Estado identifícase co partido, este, co líder. O partido é un movemento de masas que pretende representar a vontade popular mellor que a democracia. As demais opcións políticas son perseguidas.

Primacía do Estado
Rexeita os dereitos do individuo fronte o Estado. Desaparece a noción de cidadán e de Estado de dereito

Racismo
A nación defínese seguindo criterios raciais: os grupos que non os cumpren son excluídos, e incluso, exterminados

Autarquía
Acepta o capitalismo, pero propugna un proteccionismo extremo que tende á autarquía(autosuficiencia económica)

Política exterior agresiva
Reclama o seu espazo vital e propugna a expansión da súa área de dominio á custa doutos pobos, aos que somete e ás veces aniquila

Corporativismo
Nega as diferenzas de clase e defende a intervención do Estado na vida laboral mediante a creación de corporacións que agrupen os empresarios e os traballadores nunha mesma organización.
O FASCISMO ITALIANO
O primeiro réxime fascista instaurouse en Italia en 1922. O fascismo empuñou a bandeira da frustración colonial e do irredentismo, é dicir, a reclamación de territorios fronteirizos que consideraba como seus.
Os fascistas servíronse da inquietude que espertaban as folgas e ocupación de terras, e aproveitáronse do temor das clases acomodadas á Revolución Rusa. Para atacar o movemento obreiro, Benito Mussolini creou unha organización paramilitar que se trasnformaría no Partido Fascista. En 1922, tras unga violenta campaña de axitación, e a pesar do seu fracaso electoral, Mussolini organizou unha demostración de forza: a Marcha sobre Roma.
O Goberno dimitiu e o rei recorreu a Mussolini, que instaurou unha ditadura mediante a manipulación electoral e a eliminación da oposición. O réxime adquiriu trazos totalitarios:
-
Mussolini proclamouse Duce, ou caudillo supremo. Porén, mantivo a monarquía, e emprendeu unha política de entendemento coa Igrexa católica que culminou cos Pactos de Letrán.
-
Adoptou unha política exterior agrsiva, destinada á conquista dun imperio en África e no Mediterráneo.
-
Fundáronse sindicatos corporativos, e fomentáronse a agricultura e o desenvolvemento industrial autárquico.

