
O APOXEO DO EIXE
A HORA MÁIS ESCURA
A comezos do ano 1941, o continente europeo estaba dividido en dúas grandes zonas sometidas por réximes totalitaristas: a zona oriental, que estaba controlada pola URSS, e o resto, mans das potencias do eixe.
A democracia case desaparecera do continente salvo en Reino Unido, nalgúns países neutrais e en Finlandia.
A INVASIÓN DA URSS
O feito de que Hitler invadira a URSS foi un grave erro táctico xa que, el estaba convencido da inminente rendición británica e cría que a URSS se rendiría no primeiro asalto. Esperaba desa maneira facerse coas eservas de cereais de Ucraína e os pozos de petróleo do mar Caspio.
Os soviéticos retrocederon mentres que os alemáms avanzaban ata Moscova e cercaban Leningrado: pero o Terceiro Reich estendera as frontes máis alá do límite das súas capacidades loxísticas.

A INTERVENCIÓN DOS ESTADOS UNIDOS
En decembro de 1941, o ataque xaponés contra Pearl Harbor, unha base norteamericana situada nunha illa hawaiana, precipitou a entrada de EEUU na guerra. Á súa vez, Alemaña, Italia e os seus socios europeos declaráronlle tamén a guerra.
O ataque xaponés abriu unha nova fronte na que os EEUU combatían do lado do imperio británico e da China, que sufría a invasión xaponesa dente 1937.

O AUXE DAS POTENCIAS DO EIXE
En 1942 o Terceiro Reich e os seus aliados dominaban un territorio moi extenso.
Parecía que o Eixe estaba a un paso do triunfo. Desexosos de ordenar o mundo despois da vitoria, un grupo de xerarcas nazis celebrou en xaneiro de 1942 a Conferencia de Wannsee. Nesa conferencia decidiuse a solución final, é dicir, o exterminio dos xudeus de Europa.
