
AS VIRAXES CARA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
As agresións fascistas
No ano 1936, Xapón e Alemaña firmaron o Pacto Antikomitern supostamente para illar á URSS e o comunismo, pero, en realidade, perseguía aumentar o "espazo vital" do Xapón, Italia e Alemaña
Cando Hitler reclamou o corredor de Danzig, Reino Unido e Francia comprenderon que as políticas de apazugamento establecidas a prol de Alemaña fracasaran, e aseguraron o seu apoio a Polonia en caso de guerra.
En agosto de 1939, unha noticia inesperada revelou ao mundo que a guerra era inevitable: Hitler e Stalin concertaron un pacto de non agresión. O Terceiro Reich lograra a neutralidade rusa en vésperas dun conflito na súa fronteira occidental.
O 1 de septembro, Alemaña invade Polonia. Francia e Reino Unido declaran a guerra ao Terceiro Reich. Iníciase a II Guerra Mundial.


