top of page

A ORGANIZACIÓN DE PAZ

Os 14 puntos de Wilson:

En xaneiro de 1918, o presidente dos EEUU, Wilson, formulou 14 puntos nos que sinalaba os principios que debían rexer a ordenación de Europa tras a guerra. As súas ideas básica eran:

  • A libertade de navegación e de comercio, pois o ataque alemán aos barcos neutrais fora precisamente o motivo da entrada dos EEUU na guerra.

  • O recoñecemento do dereito dos pobos á autodeterminación, que conduciu á disolucióndos imperios plurinacionais e ao deseño dun novo mapa europeo. Este dereito non se aplicou ás colonias.

  • A renuncia á diplomacia secreta, á que se culpaba do inicio das hostilidades, aínda que en realidade nunca deixaría de practicarse.

  • A fundación da sociedade de Nacións para solucionar os conflitos de maneira pacífica.

Os alemáns dirixíronlle a Wilson a súa petición de armisticio coa esperanza de negociar con el unha paz máis benigna de acordo con ese puntos. Non obstante, nas negociacións prevaleceu finalmente a postura francesa, máis intrasixente, que esixía reparacións polos danos sufridos.

Wilsons_Fourteen_Points_--_European_Baby

Os tratados de paz:

  • Tratado de Versalles: Alemaña viuse obrigada a asumir a responsabilidade da guerra. Ademais de devolverlle Alsacia e Lorena a Francia, debía pagar reparacións.

  • Tratado de Saint- Germain- en- Laye: O imperio austrohúngaro desmembrouse. Naceu o Estado de Checoslovaquia, que integraba as minorías alemás e mais as húngaras.

  • Tratado de Trianón: Romanía medrou con territorios de Hungría e Rusia. Hungría e Austria quedaban reducidas a pequenospaíses sen saída ao mar.

  • Tratado de Neuilly: Bulgaria tivo que entregarlle a Grecia a súa costa no Exeo.

  • Tratado de Sèvres: O imperio otomán despareceu e foi substituído pola República turca. Os seus territorios árabes foron repartidos como mandatos entre os británicos e os franceses.

Collier's_1921_World_War_-_Allies'_terms

Contido audiovisual(resumo de todo o tema):

bottom of page